A finca do Casal de Cris.
Un espazo de 10.000 m² de paz
Sente a tranquilidade
Na leira, de máis de 10.000 m², nun ambiente tranquilo e sosegado, atópase un alpendre, decorado con mobles de vimbia onde se pode gozar dunha animada conversa entre os visitantes.
Diversidade nos xardíns
Contamos con diversas árbores e prantas entre os que destacan nosos laranxos centenarios e dous carballos tamén centenarios, macho e femia, con moita enerxía positiva para quen queira darlles unha aperta.
Para os amantes do deporte
O xardín dispón de moitos recunchos onde gozar da túa estancia, dende darse un baño na piscina, xogar un partido de tenis ou dar un paseo polo bosque privado.
Para os que queren descansar
Podrás gozar dunha boa grellada na lareira exterior, unha sesta á sombra dun dos grandes carballos e á última hora contemplar o luscofuco nun marco incomparable.
Disfruta cada momento
Ademais de todas as actividades que ofrecemos na leira, sen ningunha dúbida una das que máis destaca é relaxarse nun dos nosos soportais tomando unha bebida refrescante ou gozando dun momento de relax.
A nosa prioridade é o teu benestar
Estaremos encantados de axudarche ou aconsellarche en todo no que nos sexa humanamente posible (confort, excursións, servizos, …) Non dubides en falar connosco.